MAPFRE celebra o 40 aniversario da Lei de Seguros Agrarios Combinados

MAPFRE celebra o 40 aniversario da Lei de Seguros Agrarios Combinados

A Fundación MAPFRE celebrou na súa sede de Madrid un acto para conmemorar o 40 aniversario da Lei de Seguros Agrarios Combinados, unha norma que permitía, por primeira vez, protexer o agricultor das consecuencias derivadas dos acontecementos catastróficos e que na actualidade está considerada como unha das mellores e máis eficientes do mundo.

O acto contou coa participación de Luís Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación; Antonio Huertas, presidente de MAPFRE; Jaime Lamo de Espinosa, ex ministro de Agricultura e Pesca e impulsor da Lei de Seguros Agrarios Combinados en 1978; e Ignacio Machetti, presidente de Agroseguro.

Máis información no seu comunicado