Madrid, capital mundial da alimentación animal

Madrid, capital mundial da alimentación animal

"Xuntos por unha alimentación animal sostible" é o lema do VII Congreso Internacional de Alimentación Animal que organiza a Confederación Española de Fabricantes de Alimentos Compostos para Animais (CESFAC) e a Fundación CESFAC. O acto terá lugar os próximos 1 e 2 de decembro no Auditorio do Complejo Duques de Pastrana e nel colabora o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación xunto a outras entidades.

O congreso poñerá o seu foco nesta premisa: a sustentabilidade. Abordará como pode promoverse un modelo de produción de alimentos para animais máis sostible, tanto desde o punto de vista económico como desde a perspectiva medioambiental e social. Diferentes expertos participarán nesta edición, xa presencial, na que se tratarán diversas temáticas. Este evento está dirixido a profesionais de toda a cadea de valor da alimentación animal e os interesados en asistir poden formalizar a súa inscrición a través da web específica do Congreso.