A Fundación Cesfac lanzou a X edición dos seus premios en investigación en torno á nutrición animal. Os traballos, que teñen como obxectivo promover a investigación na materia, poderán presentarse ata o próximo 4 de novembro. O premio Miguel Ángel Díaz Yubero xirará este ano en torno á temática nutrición e sustentabilidade, mentres que o premio Carlos de Blas Beorlegui versará sobre nutrición, sanidade e benestar animal.
O premio, en ambos casos, ten unha dotación económica de 2.000 euros e consta ademais da entrega dun diploma acreditativo e a publicación do traballo gañador na revista Mundo Cesfac. Xa poden presentarse as candidaturas para calquera das categorías dentro da convocatoria dos premios da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España (RACVE). As bases tamén están dispoñibles.
"Durante estes dez anos, os premios da Fundación Cesfac convertéronse nun referente para o mundo da investigación aplicada ao sector da alimentación animal. É importante seguir traballando nesta liña, posto que o futuro da nutrición animal pasa inexorablemente polas innovacións que veñan, non só do mundo da empresa, senón tamén do ámbito universitario, da docencia e dos centros de investigación. Cremos que estes premios poden animar aos investigadores a optar pola liña da alimentación animal" destaca Josep Jové, presidente da Fundación Cesfac.