Os Premios BVD Zero 2025 de Boehringer Ingelheim Animal Health España xa teñen gañadores. A compañía fixo pública a resolución do comité avaliador, que escolleu os seis mellores casos clínicos relacionados con aspectos coma o diagnóstico, a fisiopatoloxía, a epidemioloxía, a saúde ou o benestar animal. Analizados baixo criterios científicos e divulgativos, os galardoados recibirán premios por un total de 8.000 euros.
O veterinario Federico Prieto, que desenvolve o seu labor en SAT Rote (Zamora), obtivo o primeiro posto co caso "Imposible que teñamos BVD, non?", no que se pon en valor a importancia da monitorización e da vacinación como a mellor estratexia fronte á enfermidade, ao evitar perdas económicas e mellorar a saúde do rabaño.
Xunto a este traballo, o resto de profesionais premiados son Eusebio Clemente, segundo clasificado; Carmen Arrobas, terceira clasificada; Begoña Villadangos, cuarta clasificada; José Javier Prendes, quinto clasificado, e Adelardo Cobos, sexto clasificado.
O obxectivo destes premios é fomentar o interese pola BVD (diarrea vírica bovina) en todos os seus ámbitos e promover a súa investigación cun enfoque divulgativo. Todo isto co fin de poñer en valor a experiencia de campo e facilitar a difusión de información e coñecemento aplicables ao día a día dos veterinarios para reducir o impacto da enfermidade.