Na actualidade, Nanta conta con dúas gamas de pensos con Declaración Ambiental de Produto (para ovino de carne e vacún de carne), así como con pensos con declaración de Pegada Ambiental na gama dirixida a rumiantes de leite, deseñados todos eles para minimizar as emisións de metano, fósforo e nitróxeno.
O cálculo da Pegada Ambiental e a certificación de Declaración Ambiental de Produto (DAP) son puntos clave en Granja Circular, o proxecto de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandería. O obxectivo é valorar o impacto ambiental dun produto ao longo de todo o seu ciclo de vida para poder planificar accións necesarias para reducir este impacto e mellorar a xestión ambiental. Grazas a estas análises, é posible achegar un valor engadido ás producións finais, carne e leite, ao trasladar a DAP e a Pegada Ambiental ata o último elo da cadea de produción.
O estudo da pegada ambiental dun produto ou servizo implica levar a cabo unha Análise de Ciclo de Vida (ACV), que abarca a avaliación de parámetros como o quecemento global, o uso da auga, o ozono fotoquímico, a acidificación e a eutrofización da auga, entre outros.
Desta forma, os pensos DAP de Nanta, así como o cálculo da Pegada Ambiental, son unha ferramenta que permite aos gandeiros avanzar cara á certificación das súas producións e ofrecen a posibilidade de crear futuras alianzas estratéxicas para desenvolver alimentos máis responsables co medioambiente.