Boehringer Ingelheim Animal Health España reuniu os membros de dous dos seus grupos de expertos para pechar a programación anual. Consisten en grupos de traballo especializados que desempeñan un papel fundamental na innovación a través da ciencia para seguir avanzando co compromiso de mellorar a saúde e o benestar dos animais.
Solodairy reuniuse en Santiago de Compostela para traballar aspectos relacionados co vacún de leite. Este novo grupo de expertos confórmase por profesionais veterinarios que traballan en explotacións de vacún leiteiro. Procedentes de distintos puntos de toda España, os membros exercen o seu labor en granxas con características especiais, polo seu tamaño, localización ou tipoloxía. Neste segundo encontro, visitaron Casa Grande de Xanceda e programáronse dúas charlas a cargo de Alberto Díez Gurrier e de Susana Astiz.
O grupo Soloextensivo celebrou o seu segundo encontro anual en Sanlúcar de Barrameda. A iniciativa está formada por veterinarios especializados en vacún extensivo e consolídase coma un foro de referencia para o intercambio de experiencias, avances técnicos e debate sobre os retos do sector. Nesta xornada, o grupo completou a sesión práctica de vacinoloxía que iniciaron no anterior encontro baixo as directrices de Julio Benavides.
