Axudar a nenos con cáncer e dar visibilidade á loita contra esta enfermidade era o obxectivo dos irmáns Aníbal e Esteban Ruiz cando apostaron por un reto: recorrer en bicicleta os 790 quilómetros que unen Roncesvalles (Navarra) con Santiago de Compostela en menos de 48 horas.
Co apoio, entre outros, do equipo Caja Rural-Seguros RGA, Seguros RGA, as Cajas Rurales e a clínica de fisioterapia Fisioespaña Wellness conseguiron poñer fin ao seu reto na madrugada do 26 de maio e completar así a súa andadura.
Máis información na súa nota de prensa