O prazo para presentar as candidaturas á 36.ª edición do Premio Boehringer Ingelheim ao Xornalismo e Divulgación en Saúde, un dos máis antigos do xornalismo en medicina, comezou esta semana. Como na anterior edición, a organización valorará positivamente aqueles traballos que amosen unha perspectiva One Health, en termos de divulgación en saúde humana, animal e medioambiental.
Este premio foi creado en 1985 co obxectivo de promover e recoñecer o labor dos xornalistas e os medios que divulgan e acercan á opinión pública os avances no campo da medicina e a saúde. O Premio Boehringer Ingelheim foi incorporando as novas tendencias e, nos últimos anos, o galardón tamén pasou a premiar perfís que, dentro ou fóra do xornalismo tradicional, realizan un traballo de divulgación exemplar en novos canles e a través de redes sociais.
A inscrición de candidaturas realizarase a través da páxina web e estará aberta ata o 15 de maio de 2023. Neste sentido, poderanse presentar os traballos publicados durante o período comprendido entre o 1 de xullo de 2022 ata a data de peche de convocatoria.