O esparcidor de esterco Tornado de JOSKIN, un dos máis vendidos da gama, recibiu diversas melloras e preséntase agora cun novo deseño. Desde a súa creación a finais da década de 1990, este esparcidor universal de esterco foi evolucionando e mellorando as bases sobre as que construíu a súa reputación: unha caixa estreita rebaixada que, con rodas de gran diámetro, proporciona unha tracción máis fácil e unha menor presión sobre o solo grazas a unha maior superficie de contacto, independentemente do terreo.
A caixa do Tornado "nova xeración" conta cunha maior conicidade e con lados máis suavizados, para así facilitar o seu baleirado e limpeza. Tamén se ampliou a saída de caixa para aumentar a uniformidade do esparexemento. Os condutos hidráulicos están agora integrados no borde da caixa, protexidos de calquera contacto co material. Ademais, revisouse o deseño do gardalama, cunha inclinación de 45.º para evitar a acumulación de material na máquina.
O Tornado está fabricado en aceiro HLE, que se caracteriza pola súa resistencia e propiedades dinámicas, co cal non se requiren esforzos adicionais laterais na caixa, ofrecendo así un peso en baleiro reducido da máquina. Este esparcidor de esterco universal, tanto de simple como doble eixo, está dispoñible con cilindros verticais ou con táboa de esparexemento e cilindros horizontais. Segundo o modelo, pode transportar un volume que oscila entre os 8,6 m.³ do modelo máis pequeno e os 22,4 m.³ do máis grande.