Limagrain organiza por terceira vez a Xornada sobre Ensilado de Millo e Nutrición Animal. O evento desenvolverase este xoves no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) a partir das 9:30 h.
Os relatorios comezarán coa intervención de Alejandro Solsona, de Semillas LG, para falar sobre innovación e tecnoloxía LG ao servizo da nutrición animal. A continuación, Javier Bueno, da Universidade de Santiago de Compostela, disertará sobre innovación e dixitalización no sector.
Posteriormente, será a quenda de Luis Castro, de De Laval, coa intención de explicar o presente e o futuro nas explotacións leiteiras, especialmente na robotización do muxido e na alimentación.
María Hermida, de Rock River, argumentará as vantaxes de utilizar unha análise de ensilados de última xeración. Por último, Carlos Martín, de Cargill, razonará sobre os puntos críticos e as oportunidades en eficiencia alimentaria.