Limagrain Field Seeds Ibérica, empresa pertencente ao Grupo Internacional Limagrain, centrada na investigación, produción e comercialización de sementes, precisa en Galicia dunha persoa para cubrir o posto de delegado/a comercial.
Reportando ao Xefe Rexional de Cornixa e Portugal, como Delegado Comercial de Limagrain, será responsable da programación e consecución dos obxectivos de venda e cota de mercado da empresa na área xeográfica asignada, xestionando ao seu equipo e realizando visitas e reunións con distribuidores e tamén gandeiros, da zona norte de Galicia.
A continuación recóllense os requirimentos para o posto:
Prospeción, planificación e organización:
-
Realizar análises da competencia e estudar ao cliente, distribuidores, etc. en colaboración co equipo comercial e de marketing, para preparar a estratexia do territorio e detectar oportunidades de negocio.
-
Propor e executar o plan de acción de vendas do seu territorio a nivel distribuidor e gandeiro. Orzamentar e programar as vendas dos produtos ou servizos, por zona xeográfica, campaña e tipo de cliente, etc.
Control de resultados:
-
Analizar os indicadores de vendas e estudar as desviacións, establecendo plans de acción correctores xunto co Xefe Rexional.
-
Facer o seguimento dos plans de acción para a súa consecución.
Responsable do equipo de Zona:
-
Establecer e facer o seguimento dos obxectivos anuais do seu equipo, xunto co Xefe Rexional.
-
Fomentar o desenvolvemento profesional do seu equipo e realizar visitas de acompañamento.
Visita ao canal de distribución, multiplicadores e agricultores:
-
Promocionar variedades e novos servizos, produtos e tecnoloxías de LG.
-
Adaptar a oferta de produto ás especificidades de cada zona e cliente, negociando e pechando condicións de venda e controlando e asegurando o risco, a xestión de stock nos clientes, facturación, cobro, etc.
-
Atender e solucionar as reclamacións dos distribuidores, multiplicadores e clientes, documentándoas en CRM.
-
Visitar aos agricultores actuais e potenciais, detectando necesidades e facendo ofertas comerciais.
-
Pór en marcha as vitrinas e plataformas necesarias para ensinar o produto aos gandeiros e distribuidores e organizar as xornadas de campo, feiras e presentacións programadas.
Desde a empresa agardan unha persoa con titulación en Enxeñería Agrícola ou Agrónoma, formación profesional agraria, agropecuaria ou estudos similares. Ademais de ter unha experiencia mínima de dous anos na área comercial do sector agrícola e con posibilidade de residencia na zona da Coruña.
En canto ás competencias, engloban: enfoque no cliente, servizo ao cliente, iniciativa, comunicación, organización persoal, planificación, habilidades de negociación, traballo en equipo e enfoque en resultados.
Desde a compañía relatan que ofrecen un ambiente de traballo atractivo e con beneficios sociais para o persoal: Plan de Previsión Social, seguro médico, axuda comedor, vehículo de empresa, etc.