Limagrain celebra a súa III Xornada sobre Ensilado de Millo e Nutrición Animal

Limagrain celebra a súa III Xornada sobre Ensilado de Millo e Nutrición Animal

O vindeiro xoves 6 de febreiro terá lugar na EPS de Enxeñaría do Campus Terra (Universidade de Santiago de Compostela) a III Xornada sobre Ensilado de Millo e Nutrición Animal organizada por Limagrain.

O encontro comezará ás 9:30 horas coa recepción e benvida e, a partir das 10:00 horas, sucederanse diversas charlas ao longo da mañá que tratarán varias temáticas: innovación e dixitalización no sector, robotización na muxidura e alimentación, análise de ensilados de última xeración, eficiencia alimentaria, etc. Os relatores serán Alejandro Solsona, de Semillas LG; Javier Bueno, da Universidade de Santiago de Compostela; Luis Castro, de DeLaval; María Hermida, de Rock River, e Carlos Martín, de Cargill. Despois haberá unha mesa redonda e, finalmente, o encontro rematará cun aperitivo.

Para asistir é necesario inscribirse previamente nesta ligazón antes do 31 de xaneiro.