O novo catálogo de Semillas LG, dedicado aos cultivos de millo ensilado e forraxeiras, xa se atopa a disposición de agricultores e gandeiros.
A oferta multiespecie da marca LG, froito da dedicación e o traballo levado a cabo durante máis de 40 anos na área de investigación en España, conta con variedades completamente adaptadas ás condicións de cada zona agroclimática. Gran parte da actividade investigadora centrouse na mellora da eficiencia e a produtividade das gandarías mediante a utilización de variedades de sementes que achegan unha mellor dixestibilidade, o que permite reducir os custos de alimentación.
A forte especialización de Semillas LG no ámbito da alimentación gandeira levou á creación dunha serie de labels, cuxo obxectivo é facilitarlle aos agricultores a elección da variedade máis adecuada en cada caso:
- Starcover Secure ofrece protección insecticida e un efecto de control fronte a paxaros.
- Secure Bird Repellent indica as variedades que contan cun repelente fronte a paxaros.
- Hydraneo etiqueta as variedades máis resistentes a estrés hídrico.
- O logo LGNA® asígnase a aquelas variedades que cumpren cos requisitos da industria gandeira.
- Milk+ identifica as sementes con alta dixestibilidade, e que melloran a produción láctea.
- Os híbridos HDi® designan tamén variedades de alta dixestibilidade.
- Starplus é un novo label para variedades con alto contido e alta degradabilidade de amidón.
Grazas ao traballo realizado en investigación, o novo catálogo de silo e forrajeras inclúe as seguintes novidades:
- LG 31.219, alto rendemento nun ciclo ultracorto.
- LG 31.390, a combinación perfecta entre calidade de fibras e amidón, "silo gourmet" (tráiler).
- LG 31.455, potencial e calidade de silo en ciclo 400, "o millo campión en rendemento" (tráiler).
- LG 31.621, máximo rendemento e calidade de silo.
O novo catálogo xa está dispoñible na páxina web de LG, na que se atopa tamén, en formato descargable, a Guía de Ensilado creada por LG, onde se tratan temas como o rumen, sementeira e a colleita, o silo, a ración e a rendibilidade. Ademais, o Blog de LG, que se converteu xa nun referente de contido agrícola de excelente calidade, aloxa noticias, apuntamentos técnicos e información agronómica elaborada por especialistas para coñecer mellor o manexo e dificultades dos diferentes cultivos.