A marca de sementes LG celebra 60 anos ligada ao campo. Foi fundada en 1965 por Limagrain, unha cooperativa xestionada por agricultores en Limagne Val d'Allier, Francia.
"A historia de LG é a historia dos agricultores", di Regis Fournier, CEO de Limagrain Field Seeds. "Comezou con LG 11, unha variedade de millo que transformou os campos do norte de Europa ao longo das décadas. A marca converteuse nun símbolo mundial de progreso, pero a nosa misión segue sendo a mesma: servir e medrar xunto cos agricultores."
O millo, o trigo, o xirasol e a colza son os principais cultivos a nivel mundial da firma. Porén, tamén ofrece unha gama de cultivos tácticos, como cebada, soia, millo miúdo, arroz e leguminosas, adaptados ás condicións específicas de cada rexión e clima.
A compañía conta con 61 centros de investigación repartidos por todo o mundo. Indican que o desenvolvemento de "xenética de vangarda, tratamentos bioestimulantes como Starcover Active+ e solucións dixitais como Agrility" ten como obxectivo "axudar aos agricultores a maximizar as súas colleitas e reducir a súa pegada ambiental."
Con presenza en 77 países, desde Arxentina ata a India, as celebracións reunirán a produtores de distintas rexións para compartir as súas experiencias, descubrir innovacións tecnolóxicas e reforzar os lazos que unen ás comunidades agrícolas a nivel global.