Leyma presenta a primeira botella de leite 100 % reciclada en España

Leyma presenta a primeira botella de leite 100 % reciclada en España

Leyma, empresa que forma parte do Grupo Lence, dá un novo paso no seu compromiso coa sustentabilidade e a economía circular co lanzamento da primeira botella de leite 100 % reciclada de España. Así, a compañía reafirma a súa aposta polo coidado do medio ambiente, preocupación compartida con gran parte dos seus consumidores, e segue impulsando a redución do uso do plástico. 

O novo envase foi deseñado considerando todas as fases do ciclo de vida do produto: extración de materia prima, produción do material, transformación, distribución, utilización e etapa final. O material que a marca galega utilizou para a nova botella é unha preforma 100 % rPET (actualmente, o máis reciclable e sustentable do mercado), o que supón un aforro de 33,22 gramos de CO2 equivalente por preforma. Ademais, a pegada de carbono é un 31, 7 % inferior comparada coa da mesma preforma realizada en resina virxe.