Lely ten xa en funcionamento máis de 300 robots de muxido en Galicia

Lely pechou 2022 cun fito, xa que a fi rma holandesa conta con máis de 300 robots Lely Astronaut muxindo simultaneamente na comunidade galega e márcase como obxectivo chegar aos 400 a finais de 2024. Así o contaron nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 35

Lely deu un paso adiante na robotización das granxas en Galicia e conseguiu superar a cifra dos 300 robots de muxido en 2022. Detrás deste logro hai moito traballo: por unha banda, o empeño que cada día poñen os gandeiros en mellorar e, pola outra, o esforzo do persoal de Lely, que cumpre con todos os estándares para que cada día as máquinas realicen o seu labor: muxir dunha maneira cómoda e nada agresiva para as vacas.

A marca leva máis de 18 anos no territorio galego, desde os primeiros Lely A2 ata os actuais A5. Desde a súa chegada a esta comunidade, a multinacional holandesa non deixou de crecer ano tras ano e ás súas costas conta co apoio de centos de gandeiros que cada día apostan por Lely para robotizar as súas explotacións. Para que este récord se puidese completar contribuíron varios factores: o primeiro, ter a mellor máquina do mercado (Lely Astronaut A5) e, o segundo, que cada gandeiro que dispoña dun robot de muxido Lely estea contento coas súas prestacións. Se a estes dous compromisos lles sumamos ter o persoal máis preparado e certifi cado pola marca, conséguese un binomio practicamente perfecto.

Ademais, neste ano cúmprense 30 anos da invención do muxido robotizado por parte de Lely. O Lely Astronaut é unha ferramenta que cambiou miles de explotacións en todo o mundo e que conseguiu vacas máis produtoras e gandeiros máis felices.

Os números abalan os Astronauts instalados. Cada día as máquinas de Lely moxen máis de 650.000 litros de leite, oque suma máis de 237.000.000 litros de leite ao ano. Isto supón unha cifra nada desdeñable na cota de mercado leiteiro en Galicia.

O obxectivo da marca e do seu distribuidor na zona norte de España, Agrotec Entrecanales, é o de seguir ampliando esa cota de mercado e chegar antes de fi nais do ano 2024 aos 400 robots de muxido Lely, rozando preto do millón de litros diarios muxidos polos Lely Astronaut na comunidade galega.

COMO SE XESTIONAN AS MÁIS DE 300 MÁQUINAS?
Bruno López, responsable técnico de Agrotec Entrecanales en Galicia, ofrécenos as claves para alcanzar esta cifra de máquinas en funcionamento en toda Galicia.

Como traballa Lely en Galicia?
Lely en Galicia está dividido en dúas zonas: a provincia de Lugo, por unha banda, e a provincia da Coruña xunto co norte da provincia de Pontevedra, pola outra. Dispoñemos de tres equipos que se encargan de instalar as máquinas, dúas en Lugo e un na Coruña; dúas coordinadoras de proxectos, para levar a cabo a implantación dos robots nas granxas, e un equipo técnico en cada zona, dedicado exclusivamente a velar polo bo funcionamento dos robots.

Así mesmo, contamos cun Farm Management Support (FMS) para realizar unha tarefa de asesoramento nas granxas e persoal formado exclusivamente para implantar a gama Barn (arrimadores, limpadores de grellas e o Collector) de Lely nas ganderías.

De que se encarga o servizo técnico?
Atende mantementos e averías as 24 horas e os 365 días do ano. Na Coruña hai 4 persoas que se encargan das gardas e dos mantementos, e en Lugo son 8 as responsables desta tarefa.
Cada técnico dispón dunha furgoneta asignada para o seu traballo diario con todo o material necesario para pór sempre a punto todos os robots de muxido e realizar algunha intervención se fixese falta. Ademais, todo o necesario distribúese en dous almacéns que temos en Galicia, un en Outeiro de Rei (Lugo) e outro en Trazo (A Coruña).

Que cambios fixo Lely para mellorar este ano?
Recentemente, dividíronse mellor as zonas dos técnicos para reducir as distancias e, sobre todo, os tempos de actuación. Lugo está dividido en dúas zonas, o norte e o sur, e logo están A Coruña e o norte de Pontevedra, doutra banda. En cada área sempre hai unha persoa de garda as 24 horas e outra de retén por se se necesitase algún apoio.
Un dos aspectos que traballamos ano a ano é lograr unha maior proximidade coas granxas para mellorar os tempos de mantemento e de resposta. Tentamos estar cada vez máis preto dos gandeiros e axudalos con calquera problema que poidan presentar os seus robots.

Pechamos este ano manexando máis de 120 robots na zona da Coruña e norte de Pontevedra, e 180 na provincia de Lugo, o que supón un gran reto para nós, pero, ao mesmo tempo, estamos contentos co noso traballo porque aos gandeiros lles vai ben cos Lely Astronaut.