Lely presenta o seu novo robot aspirador Discovery Collector C2

Lely presenta o seu novo robot aspirador Discovery Collector C2

A compañía Lely anuncia o lanzamento do seu Discovery Collector C2, un novo robot aspirador de xurros con maior capacidade que o seu predecesor debido ao seu sistema de carga por indución. Trátase dunha ampliación da gama Discovery, coa que se busca que as naves estean sempre limpas.

Foi no ano 2016 cando esta entidade entrou no mercado da limpeza automatizada de naves gandeiras con Discovery Collector, un novo método co que se recolle xurro mediante unha bomba sen carga. Este novo modelo ten todas as vantaxes do actual co engadido dun maior tempo de traballo e o seu sistema de carga por indución, que permite recargar a batería máis rapidamente. Agora o C2 é compatible con naves de ao redor de 120 vacas, por tanto, responde o crecemento das ganderías leiteiras.

Algunhas das características máis destacadas do Discovery Collector C2 son que aspira no lodo en lugar de empuxalo, emprega auga para resultados máis limpos, conta con mellor adherencia, móvese de forma autónoma e dispón da máxima flexibilidade en canto a rutas e horarios de limpeza.