A compañía Lely celebra o vindeiro xoves 24 de outubro na explotación agropecuaria Orvalat, situada en Villaviciosa (Asturias), unha nova xornada centrada en amosar aos asistentes as prestacións do robot de muxido Lely Astronaut e do robot de alimentación Lely Vector. O encontro comezará ás 10:00 horas e rematará arredor das 18:00 horas.
As persoas interesadas poderán obter máis información do evento contactando con Diego Valle a través do número 607 578 992.