A firma holandesa Lely celebra o vindeiro xoves 5 de xuño na granxa SAT As Pandas, situada en Vilalba (Lugo), unha nova xornada na que amosarán ás persoas asistentes as prestacións do seu robot de muxido Lely Astronaut A5. O encontro comezará ás 11:00 horas e rematará arredor das 18:00 horas.
As persoas interesadas poderán obter máis información do evento contactando con David Peiteado a través do número 671 646 745 ou con Juan Alonso chamando ao 654 053 844. O encontro levarase a cabo coa colaboración de Allflex, Coren, Dekalb, Bayer, Río de Galicia, MaxiDeza e Xenética Fontao.