O vindeiro xoves 5 de febreiro, a granxa Crous Cutrina, situada en Orís (Barcelona), acollerá unha xornada de portas abertas organizada por Lely. Durante o encontro, os asistentes poderán coñecer de primeira man todos os detalles do robot de muxido Astronaut A5 Next, xa que esta gandería dispón de tres unidades desta máquina.
Ademais, a granxa conta con outras solucións da marca, coma o arrimador de comida Lely Juno Flex e o aspirador de esterco Lely Collector C2.
A xornada desenvolverase entre as 10:00 e as 18:00 horas. Ás 13:00 horas terá lugar unha charla de MSD, mentres que a comida está prevista para as 14:00 horas.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar con Alberto Sánchez no teléfono 606 022 405.
O evento conta co patrocinio de MSD Animal Health (SenseHub, Allflex), Segalés, Emporvet, a cooperativa Plana de Vic e Rogadri.