Lely organiza un encontro en SAT Lodos e Pérez

O próximo xoves día 16 de febreiro, Lely celebra unha xornada centrada no seu robot de muxido Lely Astronaut A5 para mostrar todas as súas prestacións. SAT Lodos e Pérez foi o lugar escollido para a cita. Esta explotación sitúase na Pastoriza (Lugo). 

O evento será de 10:00 a 18:00 horas e conta coa colaboración das empresas Coseco, SGMuiña, ABS, GENEadvance e Lebriquim.