Mañá, xoves 24 de outubro, a compañía Lely celebrará unha xornada demostrativa na explotación agropecuaria Orvalat, situada en Villaviciosa (Asturias). Durante o evento, que comezará ás 10:00 horas e rematará ás 18:00 horas, presentaranse as prestacións do robot de muxido Lely Astronaut e do robot de alimentación Lely Vector, dúas tecnoloxías punteiras no sector gandeiro.
Os interesados en asistir poden obter máis información contactando con Diego Valle (607 578 992)