A compañía Lely adopta como estándar a instalación dun Commodity feeder no robot de muxido Lely Astronaut, que permite o subministro de alimentos agrícolas. Hai dous anos, o Comodity feeder comercializouse como accesorio opcional, e na actualidade utilízano centos de sistemas de ordeño automatizado en todo o mundo.
O robot de muxido é o lugar ideal para fornecer a PMR (ración mesturada parcialmente) na cornadiza con porcións individualizadas por vaca. Para moitas vacas, o sabor deste concentrado é un incentivo adicional para visitar o robot de muxido. Lely ofrece agora o Commodity feeder como solución integrada de serie co fin de reducir os custos de alimentación.
Racións óptimas a un menor custo
En lugar do alimento composto, relativamente custoso, o uso de materias primas soltas tales como cebada, avena, millo ou unha combinación das mesmas permite reducir os custos da alimentación. Esta solución pode ofrecer unha notable redución dos prezos, en particular nas explotacións lácteas autosuficientes. Ademais, a explotación é menos dependente dos procesadores de alimento e das flutuacións dos prezos.
O funcionamento do sistema depende da porcentaxe de materia seca e tamaño e a rixidez do tipo de alimento en cuestión. O Commodity feeder está tamén dispoñible como equipo de actualización e pode montarse facilmente en robots Lely Astronaut xa instalados dos tipos A5 e A4 (en funcionamento desde xullo de 2013). O equipo de actualización xa está dispoñible nos diferentes locais da rede mundial de Lely Centers de dedicación exclusiva á venda e asistencia de solucións personalizadas.