Lely celebra mañá unha xornada de portas abertas en Ganadería Chancela

Lely celebra mañá unha xornada de portas abertas en Ganadería Chancela

Ganadería Chancela, ubicada en Palas de Rei (Lugo), acolle mañá, xoves 12 de marzo, unha xornada de portas abertas organizada por Lely, na que se darán a coñecer as prestacións do Astronaut A5, modelo do que esta granxa dispón de catro unidades. Tamén contan con dous Lely Collector C2, un Lely Juno 150 e dous Lely Luna.

O evento comezará ás 11:00 horas e prolongarase ata despois da comida. As persoas interesadas poden obter máis información do encontro poñéndose en contacto con David Peiteado a través do número 671 646 745. A xornada levarase a cabo coa colaboración de Agrícola Noroeste, Aira, Galical, SG Muiña e MSD (SenseHub).