A granxa SAT Caamaño (Mazaricos, A Coruña) acolle este mércores 23 de xullo unha xornada de portas abertas organizada por Lely, na que se darán a coñecer todas as novidades do Astronaut A5 Next. Nesta gandería tamén dispoñen dun Lely Astronaut A5, dous Lely Astronaut A4, un Lely Juno Flex e un Lely Collector C2.
As persoas interesadas poden obter máis información do encontro contactando con Juan Alonso a través do número 654 053 844. O evento levarase a cabo coa colaboración de Kersia, Bioprana, Maquinaria O Rubio, Barreiro Bouzón Trans, RAGT, Arquitectura e Ingeniería Rodríguez, Piensos Albores, Elmega e SenseHub Dairy.