Lactiber lanza un batido UHT enriquecido en proteínas, sen lactosa e sen azucres engadidos

Lactiber León lanzou para Mercadona, baixo a marca Hacendado, un batido UHT enriquecido en proteínas (7,9g/100 ml), sen lactosa e sen azucres engadidos. É ademais baixo en hidratos de carbono (2,2g/100ml) e en graxa (0,6g/100ml) e incorpora unha achega de vitamina B6. O novo batido, que se presenta en dous sabores distintos (chocolate e vainilla), é a primeira bebida RTD (Ready to Drink) destas características desenvolvida por unha empresa española, resultado dun proxecto de investigación de 18 meses realizado por un equipo multidisciplinar de 15 persoas.

Máis información no seu comunicado