Lactalis estudará co CSIC reducir as emisións de efecto invernadoiro das súas granxas

Lactalis estudará co CSIC reducir as emisións de efecto invernadoiro das súas granxas

Lactalis Compras e Suministros, a unidade de negocio de Lactalis España encargada da recollida de leite, asinou un convenio coa Estación Experimental do Zaidín do CSIC, situada en Granada, para realizar un estudo que permita avanzar na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro das súas ganderías colaboradoras.

Esta actuación enmárcase dentro de Scope 3,  que son aquelas emisións que se producen ao longo da cadea de valor fóra do control directo dunha organización ou empresa.

Para iso, os técnicos da Estación do Zaidín revisarán os resultados das 600 auditorías realizadas por Lactalis Compras e Suministros a granxas de vacún leiteiro nos últimos anos. Determinarán cales son os procesos nos que se xeran máis emisións dentro das instalacións, localizarán posibles puntos de intervención e analizarán se é posible mellorar a metodoloxía de recollida de datos.

Posteriormente, seleccionarase 13 granxas situadas en Galicia, nas que se realizarán auditorías ambientais con 3 grandes obxectivos: reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nas ganderías proveedoras de leite de Lactalis antes de 2030, implementar prácticas sostibles na súa xestión e mellorar a eficiencia enerxética e a xestión de recursos.

As entidades implicadas participarán nun programa de formación e capacitación cun enfoque especial na nutrición do gando bovino leiteiro. "A estratexia de descarbonización do grupo Lactalis fixou o obxectivo de alcanzar a neutralidade de emisións para 2050", detalla José Sáez, director xeral de Lactalis Compras e Suministros.