Lactalis España continúa apostando por mellorar as súas plantas en Galicia, así coma os procesos de produción para acadar unha maior eficiencia e sustentabilidade. Este grupo investiu máis de 5,2 millóns de euros en 2023 para modernizar as dúas plantas que a compañía ten situadas en Vilalba e Nadela (Lugo), mellorar a súa competitividade e seguir ofrecendo ás persoas consumidoras os mellores alimentos lácteos, saudables e de calidade.
En total, dedicáronse 30,32 millóns de euros nas plantas españolas que ten Lactalis repartidas en cinco comunidades autónomas, un 23,23 % máis que o ano anterior. Polo tanto, o investimento en Galicia supón o 17,19 % do total destinado en España.
Durante o ano pasado, a compañía contou con 466 persoas nos dous centros de traballo que posúe na comunidade galega e colaborou con 89 recolledores de leite.
Lactalis recolleu 473,38 millóns de litros de leite en Galicia en 2023, correspondentes a 1.085 ganderías colaboradoras, sendo esta a comunidade autónoma máis importante no que a recollida de leite e produción se refire.