A aplicación de inmunoterapia en vacas constitúe unha estratexia innovadora que optimiza a actividade do sistema inmune e, por tanto, a saúde animal, redundando nunha protección do potencial produtivo do animal e do rabaño no seu conxunto, e favorecendo maiores rendementos produtivos e unha diminución na administración de antibióticos.
Na estimulación dos mecanismos inmunes traballa Laboratorios Ovejero e, con este obxectivo, presenta o novo Fortinmune Bov®, unha nova xeración de lipopolisacáridos de aplicación durante o periparto que favorece unha mellor calidade de leite durante o inicio da lactación.
Nesta reportaxe de Vaca Pinta 4 Julián Suárez de la Fuente, xefe de Produto de Ruminantes de Laboratorios Ovejero S.A., cóntanos todas as súas características.