A web Solomamitis acaba de ser relanzada cun novo deseño e unha revisión dos seus contidos.
O proxecto, desenvolvido por Boehringer Ingelheim, pretende contribuír ao desenvolvemento da especialidade da calidade de leite, dinamizar a preocupación dos veterinarios en temas de mamitis e calidade de leite e converterse en referencia para estes profesionais.
Solomamitis foi crecendo dende a súa creación en paralelo á evolución desta especialidade, aproveitando a experiencia dos seus membros para difundir coñecementos, aglutinar opinións e expor as distintas inquietudes dos usuarios, e así espera seguilo facendo, agora cun espazo renovado e máis atractivo para os navegantes.