A veterinaria Josefina Riestra incorpórase ao equipo de ABS Progenex

A veterinaria Josefina Riestra incorpórase ao equipo de ABS Progenex

Licenciada na Universidade Nacional do Litoral (Arxentina), a médica veterinaria Josefina Riestra únese ao equipo de ABS Progenex co obxectivo de reforzar a presenza da compañía en Galicia, ofrecendo soporte técnico e comercial. Riestra é unha profesional na produción leiteira, cunha ampla experiencia en automatización, sistemas de muxido robotizado, asesoramento técnico e vendas en empresas como DeLaval e Elanco.

En ABS España afirman que continúan traballando e esforzándose por captar os mellores profesionais do sector gandeiro e agroalimentario, que axudarán os seus clientes na toma de decisións de negocio presentes e futuras. Desde ABS desexan a Josefina Riestra os maiores éxitos na súa nova andaina.