A terapia de secado selectivo protagoniza un webinario de Zoetis

Zoetis celebrou un novo seminario en liña coa terapia de secado selectivo (TTS) como protagonista. Nesta ocasión, dirixido tanto a veterinarios como a gandeiros do sector leiteiro, o seminario tivo un formato distinto: un foro de discusión sobre experiencias propias acerca da implementación da TSS. Eugenia Peralta, dos Servizos Técnicos de Ruminantes de Zoetis España, foi a encargada de moderar a sesión, que contou coa participación de veterinarios expertos en calidade de leite e gandeiros e propietarios de granxas nas que se aplica a terapia de secado selectivo con éxito. Granxas de tipoloxías diferentes para mostrar que, independentemente do tamaño, localización e tecnificación, é posible pór en marcha esta nova terapia con múltiples beneficios.

En primeiro lugar, mostrouse a experiencia de Ganadería Castro Buxía, unha granxa coruñesa familiar con 120 vacas en ordeño. Como representantes interviñeron Carlos Noya (Seragro), veterinario da explotación, e o seu propietario, Daniel Veirás. En segundo lugar, participou Chus Fernández, como veterinaria de calidade de leite (Pascual) e responsable da granxa Fuentespina, situada en Burgos, con 280 vacas en ordeño. O terceiro e último exemplo veu da man de Demetrio Herrera, veterinario consultor de Q-Llet, e Sergi Ganau, veterinario técnico de Granja San José, localizada en Huesca, con 3.700 vacas en ordeño e recría propia.

Todos eles coincidiron nos destacados beneficios da TSS: adaptación á nova lexislación e redución do uso dos antibióticos na granxa, menor risco de residuos en tanque de leite, e a redución de custos económicos, así como da man de obra na sala de ordeño. Ademais, resaltouse a importancia da formación do persoal e a hixiene nos procesos.

O seminario en liña ao completo, neste link.