A serie VMS™ de robots DeLaval crece co lanzamento do V310

DeLaval, líder mundial en equipos e solucións de muxido, presenta un novo concepto de muxido automático. Baseado no éxito do VMS™ V300, lanzado en 2018, o novo DeLaval VMS™ V310 estará dispoñible no mercado a partir do 1 de xaneiro do próximo ano. As características de DeLaval InControl™, DeLaval PureFlow™ e DeLaval InSight™ son comúns en ambos os sistemas e, adicionalmente, DeLaval RePro™ preséntase como novidade exclusiva para o VMS™ V310.

DeLaval RePro™ proporciona aos gandeiros de leite información precisa sobre o estado reprodutivo de cada vaca no rabaño. Tomando automaticamente unha mostra de leite do muxido, analiza o nivel de proxesterona para determinar, en tempo real, se unha vaca está en celo, preñada ou non está ciclando como debería. Esta nova función permite aos gandeiros aforrar tempo e diñeiro na xestión da reprodución e reducir o número de días abertos non desexados.

DeLaval VMS™ V310 é o primeiro sistema de muxido que confirma automaticamente que as vacas que están preñadas.

Máis información na nota de prensa