A sala de muxido rotativa T8900 está de aniversario en España, pois a posta en marcha da primeira levouse a cabo en Finca Canedo (A Coruña) en xuño de 2020, hai 4 anos. Desde entón, na península ibérica, foron numerosas as ganderías que apostaron por este sistema vangardista para muxir as súas vacas, sendo unha das últimas en poñer en marcha as súas instalacións a explotación Os Loureiros, situada en Vimianzo (A Coruña). Actualmente hai proxectos en fase de execución como a rotativa de 60 prazas situada en Gandería Perat, en Binéfar (Huesca).
Experiencia en granxas industriais
A multinacional alemá GEA destaca pola súa experiencia e presenza en ganderías de gran tamaño. Nestes casos, o asesoramento inicial, seguimento, servizo técnico e posvenda son as claves para un bo funcionamento dos equipos e unha correcta xestión do rabaño, tendo en conta que as máquinas están en funcionamento os 365 días do ano.
Os modelos comercializados de sala T8900 van desde os 32 postos ata os 120. Estes son algúns dos puntos comúns e vantaxes que comparten os usuarios destes equipos:
- Redución do tempo de muxido, con grandes rendementos por hora
- Comodidade no traballo para o muxidor, con rutinas fáciles de implementar e percorridos moi curtos
- Benestar animal, con animais moi tranquilos en prazas individuais e independentes, sen ruídos na sala
- Muxidos moi relaxados, con vacas ruminando na plataforma e contacto visual entre elas
- Capacidade de incrementar o número de vacas muxidas no futuro sen depender de maiores investimentos
Para obter grandes resultados, a T8900 ten unha serie de vantaxes a destacar, con algúns equipamentos opcionais que permiten maximizar a eficiencia do sistema, como son:
- Deseño ergonómico con baixa altura do gabinete para facilitar o fluxo de animais, reducindo os tempos de transición na entrada e saída das vacas.
- Versión Subway para facilitar o control e os servizos de mantemento, sen interromper os operarios de muxido.
- Opción de acabado en aceiro inoxidable, proporcionando maior robustez e durabilidade aos equipos.
- Opción de entrada paralela con identificación de paso ou entrada en V con identificación por praza.
- Opción de brazo Posiguide ou brazo Posiform para facilitar a colocación do xogo de muxido, proporcionar mellor posicionamento do colector e minimizar a recolocación de tetoeiras.
- Colector Clasicc 300 ou IQ, con diferentes modelos de tetoeira, acordes ao tipo de explotación e á xenética do rabaño.
- Opcións para maximizar a eficiencia do equipo, con sistemas de limpeza automática na sala de espera (flushing), empurradores automatizados e portas de selección.
Clientes satisfeitos son a garantía do éxito
Os modelos GEA de sala rotativa precedentes (AR1, AR2, ARGlobal, AR Magnum, AR Performer) avalan a durabilidade e rendibilidade destes equipos. Contabilízanse máis dun cento na península e algunhas delas levan en funcionamento máis de 30 anos. GEA segue proporcionando servizo e repostos para manter os equipos en perfecto estado. Con estas bases, o modelo actual T8900 arrancou con moita forza. Proba diso son a cantidade de explotacións que adquiriron o sistema, sumando, entre as diferentes granxas, máis de 900 postos de muxido e máis de 19.000 vacas muxidas na península en tan só 4 anos.
Granxa A Costa
Os Loureiros
“Ademais das características específicas e as vantaxes da T8900, un servizo técnico de calidade, próximo e co stock necesario para cubrir as demandas das ganderías máis esixentes, son as claves do éxito. Por iso, a nosa maior forza de vendas son os nosos clientes”, explica Víctor Jorge, responsable de Vendas de GEA Farm Technologies Ibérica.