As produtoras da Ganadería Pose Izcara (Vimianzo, A Coruña) necesitaban muxirse máis de dúas veces ao día, a súa produción era elevada e o ubre sufría moito nesa espera. O seu propietario, Manuel Pose, recoñece que dar solución a este problema foi o motivo principal da instalación, a principios de ano, dun DairyRobot R9500 de GEA para o muxido.
Co cambio apostou por un proxecto integral de robotización e incorporou os colares CowScout, o arrimador de comida FRone e a amamantadora C400. Traballa só na explotación e buscar persoal cualificado era complicado, así mellorou moito a súa calidade de vida.
Tras cinco meses de traballo co robot xa logrou os tres muxidos de media, aumentou a produción nuns cinco ou seis litros e reduciu o reconto de células somáticas.
Os colares CowScout permítenlle un control total dos animais, o arrimador sacoulle ese traballo ao 100 % e coa amamantadora mellorou o desenvolvemento das xatas, co que cre que poderá inseminalas antes.
Manuel Pose cualifica de 10 a experiencia, tanto para o benestar das súas vacas como para el mesmo. Podedes coñecer todos os detalles ao respecto da rotobización nesta gandería en Vaca Pinta 26