GEA EN FINCA CANEDO

A primeira DairyRotor T8900 instalada en España xa está en marcha

Situada na gandería galega Finca Canedo (Frades, A Coruña), moxe desde o pasado mes de xuño unhas 300 vacas dúas veces ao día en menos de dúas horas.

O proxecto desenvolvido por GEA nesta granxa sumou á instalación da rotativa o deseño da sala de espera, coa instalación dun sistema de limpeza flushing, un empuxador Cowmander 015 e as portas de selección, a colocación dos colares CowScout para a xestión do rabaño e un sistema de prearrefriamento do leite.

Na revista Vaca Pinta 19 entrevistamos a Beatriz Méndez, a súa propietaria, para coñecer de primeira man a súa experiencia coa rotativa, e a Víctor Jorge, delegado de vendas de GEA Farm Technologies Ibérica en Galicia, quen nos explicou todas as características técnicas da máquina.