A plataforma Parasit'xpert amplía os seus contidos

A plataforma Parasit'xpert amplía os seus contidos

A web Parasit'xpert continua a súa andaina co fin de consolidarse como unha plataforma de divulgación que achega contidos de valor ao redor das enfermidades parasitarias dos animais domésticos e útiles. A iniciativa, dirixida aos veterinarios, está promovida polo grupo Saluvet e a empresa de transferencia do coñecemento Saluvet-Innova, ademais de contar co respaldo de Boehringer Ingelheim e está dirixida aos veterinarios.

A páxina web actualízase quincenalmente con contidos científicos e está organizada por seccións (parásitos, sabías que, diagnóstico, control e avances), nas que se combinan contidos en diversos formatos como artigos, infografías, podcast e vídeos.

Entre os últimos temas publicados destaca o artigo Echinococcus granulosus e a hidatidose ou o podcast sobre o control das helmintoses dixestivas dos rumiantes, asociadas ao pastoreo.