A picadora Big X de Krone cumpre 20 anos

Fai vinte anos, o 20 de maio do ano 2000, saíu a primeira picadora de forraxe Big X da fábrica de Krone en Spelle. Os primeiros prototipos eran versións a 40 km/h e presentáronse como titáns de 540 CV. A nova Big X –comercializada en España e Portugal por Farming Agrícola– foi a guinda da gama de forraxe, que Krone cubriu para todo o ciclo de recolección da forraxe desde o ano 2000.

A Big X deseñouse baseándose nas opinións dos contratistas e grandes agricultores, e presentouse co pick-up de herba EasyFlow e o cabezal de millo EasyCollect. A máquina que se presentou hai 20 anos contaba con outras numerosas características, moitas das cales se incluíron despois en máquinas doutras marcas, como o transporte a 40 km/h e o accionamiento continuo ás catro rodas totalmente hidrostático. Entre as características técnicas destacaba un motor de 397 kW/540 CV, seis rodetes de precompresión e tambores de picado de diámetros de 750 mm e 830 mm con 32 coitelas en forma de V. Deseñada para máximos rendementos, o deseño da Big X realizouse de maneira modular, o que permite acceder rapidamente á maioría dos compoñentes.

Ata hoxe, Krone vendeu ao redor de 5.300 Big X. A gama actual conta con oito versións diferentes, dentro de dúas series, desde a máis pequena, a Big X 480 (490 CV) ata o buque insignia, a Big X 1180 (1.156 CV).

Máis información na nota de prensa da compañía