‘O leite que soñamos’, a nova campaña de Feiraco

‘O leite que soñamos’ é o lema co que a marca Feiraco, de CLUN, achegará desde hoxe a súa gama de produtos aos consumidores galegos durante as tres vindeiras semanas. Unha campaña que contará con soporte audiovisual, online e exterior, na que a marca porá en valor os atributos dos seus produtos, sempre vencellados a Galicia, ao modelo cooperativo, ao comercio local e a sostibilidade do rural galego.

“Os produtos Feiraco son o froito do soño dos nosos gandeiros. Un soño que comezou hai máis de cincuenta anos cando quixeron ser a cooperativa que envasase leite 100 % galego das súas propias granxas. Máis de medio século despois este soño continúa da man dos nosos socios, nos que radica todo o valor engadido que nos define como cooperativa”, explica o director da División Láctea de CLUN, Pablo Gómez.

A marca Feiraco é un reflexo do compromiso de CLUN con esta comunidade e os seus valores propios. Unha filosofía de traballo sustentada no cooperativismo, a naturalidade, a galeguidade, a calidade, o respecto ao medio e a contorna. Unha identidade recoñecible que continúan transmitindo de xeración en xeración de consumidores de man dos seus produtos.

Anuncio de la campaña, en vídeo