A iniciativa Somos Rumis de Boehringer Ingelheim sitúa no centro aos profesionais da gandería e a veterinaria

Boehringer Ingelheim presenta Somos Rumis, unha nova plataforma centrada na saúde bovina na que os profesionais da gandería e a veterinaria son os protagonistas. Comprometidos co futuro da profesión veterinaria, un dos principais eixes da páxina web é o amplo abanico de servizos que a compañia ofrece para aportar valor ao seu traballo diario.

Entre os servizos actualmente dispoñibles destacan Bovinium, plataforma técnica enfocada no síndrome respiratorio bovino; BVDZero, punto de encontro para gandeiros e veterinarios; Solomamitis, web de información sobre a xestión da saúde do ubre; Parasit´Xpert, plataforma de divulgación sobre as enfermidades parasitarias de Saluvet; Bl Experts; estancias formativas con expertos especialistas en cada materia; Inmunoexpert, curso de inmunoloxía aplicada á produción de ruminantes cos mellores expertos e Rumiland, podcast sobre ruminantes con entrevistas quincenais a profesionais de referencia.