A industria española da sanidade animal implícase na loita contra a epidemia do coronavirus

As empresas pertencentes á Asociación Empresarial Española da Industria de Sanidade e Nutrición Animal (Veterindustria) implícanse de maneira directa na loita contra a epidemia de coronavirus que castiga ao noso país, para o que aquelas que puideron puxeron a disposición das autoridades sanitarias as súas instalacións de biotecnoloxía e laboratorios de última xeración para que se poidan levar a cabo da maneira máis rápida e eficaz posible os tests de coronavirus (PCR).

Pola súa banda, outros laboratorios doaron grandes cantidades de Equipos de Protección Individual (EPIs) compostos por traxes, lentes, luvas, máscaras e calzas e demais materiais de protección química e biolóxica que foron enviadas aos hospitais onde os nosos médicos, enfermeiras, auxiliares e demais persoal os necesítan con urxencia, ao mesmo tempo que fabrican pezas mediante impresión 3D para a confección de respiradores que tamén se enviarán aos centros hospitalarios ou o ofrecemento ás autoridades sanitarias de lotes de desinfectantes que ían ser comercializados e que agora irán protexer aos nosos compatriotas que están en primeira liña na loita contra esta pandemia.

Ademais, xurdiron iniciativas solidarias como o voluntariado de veterinarios, a petición de respiradores e aparellos portátiles de raios X a través das organizacións de profesionais veterinarios e as redes sociais.

Todo isto é posible grazas ás 29 plantas de fabricación que teñen en España as empresas e laboratorios desta patronal, que sen dúbida forman nestes momentos tan duros para o noso país unha importantísima rede estratéxica de colaboración técnica, loxística e solidaria.

Ao mesmo tempo, todas as empresas asociadas a Veterindustria manteñen o seu compromiso de asegurar o suministro de medicamentos veterinarios que son esenciais para a sanidade e benestar dos nosos animais, a saúde dos cidadáns e o abastecemento de alimentos seguros e de calidade.

Veterindustria, como patronal que representa á industria española de sanidade e nutrición animal, mostra unha vez máis o seu apoio e agradecemento aos que loitan denodadamente contra esta epidemia e reitera a súa total disposición a continuar colaborando en todo aquilo que contribúa a superar xuntos canto antes esta situación.