A historia única de Ana Peleteiro e Únicla protagoniza a nova campaña da marca

Arrinca a nova campaña dixital de Únicla de man da atleta galega de proxección internacional Ana Peleteiro, na que se poñen en valor os atributos que comparten e definen a marca e atleta: paixón, entrega, sacrificio, esforzo e compromiso.

Estará activa ata finais de ano en medios dixitais e redes sociais e será a actual campiona de Europa en triplo salto en pista cuberta a encargada de achegarlles aos consumidores, como embaixadora de Únicla, as virtudes deste leite 100 % natural, saudable e sustentable desde o punto de vista ambiental e de benestar animal, en medios dixitais e redes sociais.

Ve o vídeo da campaña aquí.

Ampliar información