TRÁFICO LIBRE E BENESTAR ANIMAL

A Ganadería Casana aumenta a súa produción en poucos meses co Lely Astronaut A5

Marcos Gómez é o propietario de Ganadería Casana, en Outeiro de Rei (Lugo). A súa explotación converteuse nun referente en toda a península ibérica por contar cunhas instalacións de nova construción pensadas especificamente para o tráfico libre dos animais e para os robots de muxido. Na actualidade, a súa produción e beneficios aumentaron de xeito exponencial da man de Lely. Ver máis en Vaca Pinta 46.

Ganadería Casana dispón dun total de 120 exemplares, 60 deles en muxidura, cunha produción de 50,9 kg por cabeza ao día. Grazas a unha nova nave construída hai un ano e medio, perfectamente deseñada para o robot Lely Astronaut A5 que instalaron, conseguiron mellorar o benestar dos animais e aumentar o seu rendemento de forma considerable.

Marcos Gómez traballou sempre na gandería dos seus pais e recentemente decidiu iniciar unha modernización íntegra da explotación. Desta forma, adquiriron o robot Lely Astronaut A5 e deseñaron unha nave que se adapta ao seu funcionamento a través do tráfico libre das vacas.

INSTALACIÓNS MODERNAS E ADECUADAS AOS ROBOTS

Esta gandería naceu grazas ao traballo dos pais de Marcos, que xa posuían vacas antes de que o seu fillo se encargase da granxa. Previamente á instalación do robot Lely Astronaut A5, a explotación empregaba un tradicional sistema de muxido manual. A súa filla Paula expón que “antes era un traballo moito máis físico, máis duro e agora está todo informatizado. Cun simple golpe de vista de ordenador podes ter moitísima información que doutra maneira sería máis laboriosa conseguir”.

O recinto é amplo e moi condensado, o que favorece o tráfico das vacas sen deixar atrás a súa propia comodidade no día a día e logrando o denominado cow confort.

O BENESTAR DOS ANIMAIS

O proceso de adaptación foi sinxelo. Ganadería Casana contaba no momento do cambio con moita recría de animais, o que lles facía temer que houbese un número elevado de baixas; pola contra, non se produciu ningunha: “Os exemplares adaptáronse ben e non houbo problema”, comentaba Marcos.

O deseño das instalacións está pensado para que os animais poidan producir o máximo posible sen deixar de lado o seu propio benestar. Con todas estas melloras e coa posta en marcha do robot Lely, conseguiron que a súa granxa se converta en referente de calidade en toda a península.

“As instalacións favorecen que a vaca beba mellor, que estea máis cómoda e, ao final, todo iso vaise notando na produción”, afirmou o socio do negocio. Ademais, a nave está cuberta, o que axuda a que os animais teñan unha temperatura adecuada dentro e non sufran de estrés por calor.

BENEFICIOS DO A5: MÁIS LIBERDADE

A instalación do robot permitiulles maior flexibilidade, non só para os animais, senón tamén para eles. Grazas ao sistema de tráfico libre as vacas poden entrar a muxirse cando o desexen e alimentarse no momento que o precisen.

Así mesmo, a produción de leite aumentou de forma exponencial. Antes de ter na granxa o robot Lely Astronaut A5 contaban cunha media de produción de 38 a 40 kg de leite ao día por animal. A mellora na cantidade producida desenvolveuse en dúas fases: “Os tres ou catro primeiros meses xa estabamos en torno aos 45 kg por cabeza. Como nos sobraban exemplares, fixemos selección e foi cando subimos ata 48 ou 50”, conta Marcos Gómez.

Ao final do día, a produción supera os 3.000 litros de leite diarios, o que a converte nunha explotación cun rendemento moi destacable dentro do sector e que pon de relevo o traballo do Lely Astronaut A5.

NOVAS XERACIÓNS

Ganadería Casana tamén deixa unha base moi sólida para posibles ampliacións e melloras nun futuro e, sobre todo, un camiño máis sinxelo para a remuda xeracional. As facilidades que outorgan o robot e a informatización da granxa son elementos que as novas xeracións de gandeiros valoran.

A filla de Marcos, Paula, admite estar moi orgullosa do traballo que seu pai e seus avós fixeron coa granxa e destaca o bo rendemento que está tendo na actualidade.

Ademais, confesábanos que o tráfico libre é un dos aspectos que máis lle gusta de ter un robot Lely Astronaut A5, xa que “a vaca pode ir en calquera momento muxirse sen estar forzada e ten un acceso libre tanto á comida como á auga”. Isto tamén permite unha maior liberación de traballo, xa que non é preciso pasar tanto tempo cos animais.

Juan Alonso, técnico de Agrotec Entrecanales, destaca, a maiores, a colaboración existente entre a propia gandería e Lely, cun traballo “man a man” que permitiu a creación dun espazo favorable para o desenvolvemento óptimo dos animais.