La gama LG Hydraneo foi recoñecida como unha das 20 solucións máis innovadoras pola revista European Seed

La gama LG Hydraneo foi recoñecida como unha das 20 solucións máis innovadoras pola revista European Seed

Semillas LG conta cun equipo de investigación específico destinado á seca e centrado na detección dos trazos de resistencia nativa. O seu traballo nesta área permitiu o lanzamento de Hydraneo, unha nova tecnoloxía que posibilita identificar as variedades que teñen un mellor comportamento ante o estrés hídrico, permitíndolles manter o seu nivel produtivo en condicións extremas.

A gama LG Hydraneo inclúe 26 variedades, cultivadas en case un millón de hectáreas en 17 países europeos. Agricultores de millo de toda Europa depositaron a súa confianza en variedades Hydraneo para levar a cabo unha estratexia diferente, global e máis eficiente, xa que o estrés por seca afecta a máis do 70 % da superficie de millo gran en Europa, o que leva ata un 80 % de perda de rendemento.

A revista European Seed, na súa última edición (abril 2022), fai un especial recoñecemento ás empresas que traballan para mitigar o cambio climático, sendo Hydraneo unha das iniciativas destacadas.