A gama de remolques ZX de Krone aumenta a comodidade do operador

As últimas melloras dos remolques de forraxe Krone ZX céntranse na conservación da fertilidade do chan. A última actualización comprende dúas novas características, pois os modelos ZX 430, ZX 470 e ZX 560 contan con control electro-hidráulico da suspensión para o pick-up e con máis opcións de rodas de flotación.

O control da suspensión vén agora de serie e non só preserva as condicións do chan, senón que mellora a comodidade do operador, ao permitir axustar a presión do pick-upde forma continua desde a cabina, unha característica única de Krone.

Máis datos no seu comunicado