A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas convoca a terceira edición de bolsas para estudos de posgrao

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas convoca a terceira edición de bolsas para estudos de posgrao

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas lanzou a terceira edición de bolsas para estudos de posgrao. En conreto, ofértanse dúas bolsas de ata 40.000 euros cada unha para másteres en universidades recoñecidas.

Os solicitantes deben ter un título universitario e vínculos con Galicia. A selección baséase na formación académica, na traxectoria profesional e no proxecto de estudos. A fundación, centrada en promover investigación e a educación no sector agroalimentario e forestal, busca a través desta iniciativa formar profesionais para contribuír ao progreso da comunidade galega. O prazo de solicitude remata o 31 de maio.