La Fageda confía en GEA

A granxa de La Fageda, en Santa Pau (Xirona), acaba de estrear un novo establo para as súas vacas en produción, un proxecto que foi desenvolvido na súa totalidade por GEA e que consistiu na remodelación completa das instalacións.

A zona de descanso e alimentación conta con novos cubículos, cornadizas e rascadores e o sistema de limpeza mediante arrobadeiras dirixe o xurro a unha canle transversal comunicada coa fosa.

Con todo, a estrela do proxecto foi a posta en marcha de dous robots Monobox cos que robotizaron o muxido das súas 125 vacas.

Coñecemos como foi todo o proceso de cambio con Albert Curós, responsable de granxa en La Fageda, e Héctor Salas, delegado comercial de GEA na zona.

Reportaxe en Vaca Pinta 10

Vídeo