La Fábrica Verde de Claas, en Castro de Rei

La Fábrica Verde de Claas, en Castro de Rei

A empresa de maquinaria agrícola Claas está a celebrar hoxe en Castro de Rei (Lugo) unha xornada á que denominan La Fábrica Verde, unha demostración da súa extensa gama de maquinaria de recolección e tractores a pé de campo.

Os asistentes ao encontro puideron ver a segadora DISCO, o volteador VOLTO, o fileirador LINER, a carga directa con CARGOS, a picadora JAGUAR ou a empacadora ROLLANT.