A fábrica de Nestlé España de leite condensado, situada na localidade pontevedresa de Pontecesures, empezou a exportar a Australia. Así, ten previsto elaborar unhas 7.000 toneladas de produto anuais que irán a este destino.
Ademais, a factoría incrementou o volume que produce para Nova Zelandia, un dos principais mercados exportadores de leite a nivel mundial. Mentres que até o momento a factoría elaboraba ao redor de 150 toneladas anuais, espera aumentar a produción a 1.300 toneladas ao ano para este país.
Como consecuencia, a fábrica ten previsto alcanzar case 60.000 toneladas de produto elaborado en 2020, cifra que representa un incremento do 13% no volume de produción. Para facer fronte a este aumento produtivo, a factoría ampliará o seu persoal en 5 persoas e prevé contar con 180 traballadores, de persoal medio, o próximo ano.
Para máis información: