A Eilza presenta os seus primeiros cursos do 2025

A Eilza presenta os seus primeiros cursos do 2025

Xa está aberto o prazo de inscrición para os primeiros cursos que impartirá a Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) no 2025.

Durante o primeiro mes do ano, haberá unha clase maxistral sobre maduración e defectos no queixo, do 14 ao 15 de xaneiro con modalidade presencial. "Técnico de calidade na industria láctea" é outro dos cursos que oferta, do 20 de xaneiro ao 13 de febreiro, mesturando os formatos presencial e en liña. Unha das formacións que levarán a cabo no primeiro mes do ano centrarase nas boas prácticas de hixiene na industria láctea, o 27 e o 28 de xaneiro, de maneira online.

Para febreiro, a Eilza ofrece unha formación de modalidade mixta, do 17 ao 27, sobre a tecnoloxía dos iogures e leites fermentados. "Lean manufacturing para industrias lácteas e gandeiras. Eficiencia en procesos e persoas" é outro dos cursos, con modalidade mixta, que comezará o 3 de marzo e rematará o día 27.

Ademais, desde a Eilza tamén organizan formacións a medida para empresas.